Cocer o arroz en auga con sal. Á parte, rustrir o dente de allo nunha sartén con aceite de oliva. A continuación, adubar a peituga e facer á prancha. Servir o arroz como gornición.
Notes
Vantaxes: O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.
Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais, desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas, ademais son expectorantes e anticatarrais. Inconvenientes: Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mascando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando un enxugue bucal con auga tibia e zume de limón.