Vantaxes:
O abadexo é un peixe branco cun baixo contido lipídico. É rico en vitaminas A, D e B12. Aporta proteínas de gran valor biolóxico e graxas insaturadas do tipo omega 3 que protexe ó corazón. Ademais contén cantidades moderadas de substancias antioxidantes, favorables fronte ó envellecemento celular.
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas, son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Os piñóns son ricos en calcio, magnesio e ferro polo que son recomendables en persoas con osteoporose e descalcificación. Os seus ácidos graxos mono e poliinsaturados son moi adecuados para combater o colesterol e as enfermidades cardiovasculares.