Cocer a peituga de ave ó vapor. Pelar a mazá e untar con limón (para que non se oxide). Peparar a salsa rosa con maionesa, ketchup, unhas gotas de tabasco e salsa perrins. Cortar a mazá e a peituga (unha vez fría) en dados. Mesturar coa salsa rosa. Recoméndase servir sobre leituga cortada en tiras e decorar con ovo cocido mesturado con perexil picado.