Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, baixo en graxas; rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, máis baixo comparando con outros alimentos. En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio.
Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos), ás que se lle atribúen propiedades anticanceríxenas.