Vantaxes:
O arroz é rico en hidratos de carbono (fundamentalmente amidón). Contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. O arroz é un alimento positivo para a prevención e melloría dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio.
A carne de coello está recomendada en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, e en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ao resto de carnes. En canto ós minerais destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, en fósforo e en calcio. Ademais o aporte de sodio é moderado, polo que o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B.