Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.
Ademais, hai que engadir que os pementos son un dos alimentos máis ricos en vitamina C, son abundantes en carotenos, e como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén principalmente fósforo, potasio, magnesio e calcio.