Vantaxes:
Os principais compoñentes deste prato son a carne de polo e a pataca. A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B e tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo. O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. E cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minera e vitaminas do grupo B e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido á súa acción diurética e depuradora.