Cocer a pataca enteira con pel. Unha vez cocida pelala. Deixar enfriar e mesturar co resto de ingredientes. Picar a cebola moi fina e o cogombro en rebandas ó igual que a salchicha. Cubrir con perexil picado.
Notes
Vantaxes: O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable ó seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.Inconvenientes: Debe controlarse o consumo de maionesa e salchichas polo seu alto contido en graxas.