Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Á parte, preparar unha salsa rosa con maionesa e ketchup. Mesturar a pasta coa salsa e engadir uns chícharos cocidos á parte e uns pauciños de cangrexo cortados en dados.