Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esterois, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.
Ademais, a combinación de pemento verde e vermello, tomate, cebola, berenxena, cabaciño e allo aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.