Rustrir no aceite a sepia en dados e engadir allo, cebola e gambas crúas. Engadir o arroz e a tinta de lura. Mollar co caldo quente en volume dobre que de arroz. Dar o punto de sal e meter no forno 18 min. a 180ºC.
Notes
Vantaxes: O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de vitaminas do grupo B, así como fósforo e potasio. O arroz é un alimento positivo para a prevención e melloría dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite. A sepia é un marisco cun baixo aporte calórico, facilmente dixerible, cun alto contido en proteínas e baixo en graxas. É rica en vitaminas do grupo B, fósforo, potasio e magnesio.Inconvenientes: No proceso de refinamento e pulido do arroz, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético.