Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro. Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra, que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.