Cocer en auga con laurel e cebola as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer de 7 a 8 minutos máis dependendo do grosor. Á parte, preparar unha salsa co aceite, allo e pemento doce. Servir a rosada enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa de allo por riba.