Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pón a remollo, esta cantidade diminúe considerablemente, polo que as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos, poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.