Vantaxes:
O arroz é rico en almidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e mellora de algunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ao seu baixo contido en sodio. A súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenteritis.