Nunha tixola quentar o aceite e poñer o allo. Engadir o peixe cortado en dados grandes (3x3) e refogar con coidado de que non rompa. Poñer pementón doce, viño branco, perexil e retirar. Acompañar de pataca cocida ó vapor ou de ensalada.
Notes
Vantaxes: O cazón pertence á familia dos tiburóns. Os escualos son peixes semigraxos, cun contido elevado de proteínas de alto valor biolóxico. Presenta unha boa textura e sabor, e é de fácil dixestión, sendo adecuado para persoas con estómago delicado. Destaca o seu contido en vitaminas liposolubles, A e E.Inconvenientes: Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mastigando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando unha exaugadura bucal con auga morna e zume de limón.