Nunha paelleira rustrir o allo picado en aceite e engadir a cebola e os pementos picados. Poñer o arroz e rustrir un momento. Engadir o caldo de peixe. Cocer 18 min, pero ós 10 min engadir o salmón en dados e probar de sal.
Notes
Vantaxes: O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, mellorar a función cardíaca e reducir o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.Inconvenientes: Ó igual que os demais peixes azuis, o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.