Cortar en anacos o coello. Salpementar. Pasar por fariña e fritir ata dourar. Separadamente, nunha pota rustrir en aceite a cebola picada, o pemento vermello e a cenoria deixando pochar sen que tomen cor. Engadir o coello e mollar con caldo de carne ata que cubra e deixar cocer ata que estea tenro. Cortar as patacas en dados grandes e dar un fritido exterior e a continuación deixalas cocer co coello. Refogar as setas á parte, en aceite e engadir ao guiso.