Vantaxes:
O aporte enerxético do chipirón é baixo e non presenta cantidades significativas de hidratos de carbono. Posúe proteínas de alto valor biolóxico e é rica en minerais como o fósforo e sodio, este último non beneficia ás persoas con hipertensión arterial. Tamén posúe vitaminas como a B3, a B12, vitamina A e D, pero todas en cantidades baixas. O chipirón non é apropiado para persoas que teñan o colesterol elevado, xa que este alimento posúe cantidades altas desta substancia; tampouco se recomenda en persoas con hipertensión arterial.