Vantaxes:
Pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol e en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. En canto ós minerais, destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B, especialmente B3 (niacina) e B12 (cobalamina).