Cortar o lombo de porco en anacos cadrados de 20 gr. aprox. e deixar en adubo con allo e aceite unhas horas. Cortar tamén en dados a cebola, a cenoria e o pemento vermello. Nunha tixola a lume forte dourar o lombo exteriormente e reservar. Nesa mesma tixola refogar as verduras. Cando estean tenras engadir o lombo dourado, o brandy e os feixóns verdes cocidos cortados en dados e un pouco de caldo. Acompañar dun pouco puré de pataca.