Refogar nunha cazola con aceite de oliva, a cebola, o porro, a cenoria e a pataca (todo cortado en anacos desiguais). Cubrir con auga abundante e engadir os feixóns remollados 12 h. previamente. Cando os feixóns estean tenros, pasar pola túrmix e o chinés. Se está demasiado espesa alixerar con auga. Dar o punto de sal.
Notes
Vantaxes: Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente polo seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina).