Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
O aporte enerxético da lura é baixo e non presenta cantidades significativas de hidratos de carbono. Posúe proteínas de alto valor biolóxico e é rica en minerais como o fósforo e sodio, este último non beneficia ás persoas con hipertensión arterial. Tamén posúe vitaminas como a B3, a B12, vitamina A e D, pero todas en cantidades baixas. A lura non é apropiada para persoas que teñan o colesterol elevado, xa que este alimento posúe cantidades altas desta substancia; tampouco se recomenda en persoas con hipertensión arterial.