Remollar os pementos choriceiros en auga quente para acelerar o proceso de hidratación. Nunha pota con aceite dourar a costela, engadir o pemento verde, cebola (en dados) e allo. Engadir o pementón, a pataca rota en dados. Engadir a pulpa do pemento choriceiro e cubrir con auga suficiente para cocer todo. Poñer a punto sal e deixar repousar.