Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
Segundo o contido en graxa, variará o valor nutricional dos queixos, pero en termos xerais pódese dicir que son fonte de calcio, proteínas e fósforo. Ademais son aptos para intolerantes á lactosa, xa que no queixo a lactosa se converte, practicamente na súa totalidade, en ácido láctico. Tamén, o queixo contén todos os nutrientes esenciais do leite, pero concentrados.