Limpar e cortar o peixe en medios filetes dependendo do tamaño. Nunha cazola refogar en aceite os pementos e cebola. Engadir as patacas en rebandas e cubrir con auga. Aos 10min poñer os chícharos e o peixe deixando cocer 5 min máis. Escorrer o auga sobrante e servir cun pouco de salsa de allo por enriba.