Remollar as fabas 12h antes da cocción. Poñelas en auga fría e cocelas lentamente con media cebola, cenoria e porro. Cando estean tenras retirar e reservar. Trocear o coello. Salpementar e fritir ata dourar. Colocar nunha bandexa de forno coas hortalizas e asar a 180ºC. Regar con viño branco. Engadir o caldo de carne para obter a salsa ao final despois de retirar o coello. Servir as fabas de gornición co coello encima e salseado.