Nunha paelleira ou similar refogar en aceite o allo, o pemento vermello e a cebola. Engadir o arroz e a continuación o tomate e o caldo coloreado. Cando comece a ferver, engadir as gambas e meter ao forno 18 min a 180ºC. A falta de 10min incorporar o atún ben escorrido. Servir no mesmo recipiente. Cubrir con perexil picado.