Limpar a xarda e filetearla. Lavar e cortar as verduras en batóns. Cortar as patacas en láminas finas. Pasar as patacas pola freidora sen que se fritan do todo e colocalas nunha placa de forno. Refogar a cebola e pementos en aceite e poñer na mesma placa, mesturando coas patacas. Incorporar o caldo de peixe e meter no forno 20min a 180ºC. Marcar os filetes de xarda na prancha volta e volta e servir sobre as patacas. Cubrir con perexil.