Vantaxes:
O ingrediente principal deste plato son as espinacas.
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.