Trocear e salpementar o coello. Dourar nunha tixola con aceite de oliva e reservar. Mentres, nunha cazola, pochar os dentes de allo e a cebola picados, e pemento vermello troceado, cando a cebola estea case transparente, engadir a berenxena e o cabaciño cortados en cubos, mesturar ben e engadir os tomates pelados cortados en cubos coa salsa de tomate. Engadir o coello troceado, tapar e deixar cocer a lume lento durante uns 40 minutos. Acompañar de pataca cocida.