Coñécense con este nome diversos pratos en numerosos países de fala hispana. O “ben me sabes” é un prato doce de procedencia árabe, aínda que só se conserva na Illas Canarias, Castela-A Mancha, Andalucía, e en varios países de América Latina. En Canarias o doce elabórase con mel e améndoas; en cambio en América é unha especie de flan de coco con anacos de biscoito. En Colombia prepárase coa caseína do leite cortado mesturado con doce de panela e canela. É moi popular en Antequera (Málaga) onde se cre que a súa orixe se remonta ao século XVII onde o elaboraban no convento de clausura as monxas clarisas.