Este prato facíase antigamente en inverno cando se remataban as patacas ou había pouca fariña e non se podía moer o trigo. Debido a esta escaseza amasábanse estes bolos aos que se lles podía engadir cebola ou touciño e mesmo chourizo, pasábanse pola tixola e despois cocíanse no caldo.