A cabala é un peixe azul cun contido graxo elevado. Trátase de ácidos graxos omega 3 que facilitan a diminución de colesterol e triglicéridos no sangue e reducen o risco de padecer enfermidades coronarias. Entre as vitaminas que contén a cabala destacan a B12, importante para o metabolismo, ademais de axudar á formación de glóbulos vermellos no sangue e ao mantemento do sistema nervioso central; e a B3 que beneficia ao sistema circulatorio. Destaca tamén a súa alta contribución proteica. Como inconveniente sinalar o seu contido en purinas que non a fai moi recomendable para persoas que sofren gota.