O congro é un dos peixes con maior contido de vitamina A esencial para a retina e tamén para a función inmunitaria. Aínda que é un peixe semigraxo o seu contido de calorías non é elevado. É unha fonte de vitamina B1 que é importante no metabolismo dos hidratos de carbono, no funcionamento do corazón, nos músculos e no sistema nervioso, e de vitamina B2 importante para o crecemento corporal e a produción de glóbulos vermellos. Os chícharos que acompañan o congro proporcionan fibra e enerxía polo seu contido en hidratos de carbono e proteínas. As patacas tamén conteñen hidratos de carbono, vitamina C e potasio que favorece a eliminación de líquidos polo que son adecuadas para persoas hipertensas.