Este peixe, tamén coñecido co nome de cazón, é moi apreciado polas persoas mariñeiras xa que o preparaban e o consumían a bordo dos barcos. Ten un contido moi baixo de graxas polo que é moi axeitado para incluír en dietas hipocalóricas. Destaca a súa cantidade de fósforo, necesario para o crecemento dos ósos e, ademais, participa no metabolismo enerxético entre outras funcións. Entre as vitaminas que contén destaca a B12, esencial para a síntese da hemoglobina e a elaboración de células, como así tamén para o bo estado do sistema nervioso.