As acelgas empezáronse a cultivar en Asia e consómense desde a antigüidade. Os romanos facían sopas coas acelgas. Cultívanse en climas mornos polo que as podemos atopar en Europa e en países bañados polo mar Mediterráneo. As acelgas están dispoñibles todo o ano. Proporcionan fibra polo que axudan ao tránsito intestinal. Ademais, son unha importante fonte de iodo, ferro, magnesio e calcio. En canto ás vitaminas, destaca o ácido fólico, a vitamina C e a provitamina A.