É unha sobremesa típica da vila de Allariz en Ourense. Allariz era, noutra época, unha vila con abundantes amendoeiras e aproveitouse a presenza deste froito para a elaboración desta sobremesa que empezaron a facer as monxas clarisas do convento. Hoxe en día é un produto moi valorado que conta con denominación de orixe.