A androlla é un embutido típico da zona da montaña luguesa e ourensá, e tamén da zona do Bierzo en León. Prepárase despois da matanza, e é moi parecido ao botelo. É moi consumido no Entroido, e mesmo nesas datas se celebra a súa festa propia en Viana do Bolo (Ourense). Para a súa elaboración selecciónanse as tripas máis valoradas do porco, o estómago e a vexiga.