O lumbrigante proporciona un importante contido de proteínas de elevado valor biolóxico e aínda que posúe unha cantidade elevada de colesterol as súas poucas graxas son poliinsaturadas omega 3, polo que resultan beneficiosas para previr as enfermidades cardiovasculares. Destaca a seu contido de iodo que axuda a procesar os hidratos de carbono e regula o nivel de colesterol. Tamén é rico en vitamina B5, necesaria para combater o estrés e, tamén, regula o nivel de colesterol. O arroz ten enerxía polo seu contido en hidratos de carbono. Tamén posúe magnesio que axuda a reducir o nivel de azucre en sangue e fibra e que contribúe a regular o nivel de colesterol e mellorar o tránsito intestinal.