O bacallau péscase nos mares do Atlántico norte, desde o outono ata a primavera. Antigamente o que se facía para conservar o bacallau nos barcos, desde que se pescaba ata que chegaba a porto, era salgalo, e ao chegar a porto secábase ao aire. Era considerado unha delicia na parte interior de Galicia e, en xeral, todo o peixe xa que os medios de transporte non permitían a súa chegada con demasiada frecuencia. Era un prato que se reservaba para ocasións especiais como o Nadal ou a Coresma, aínda que hoxe en día tamén se consome nas épocas de Nadal.