Este prato elabórase engadindo aos berberechos pemento doce e picante. Antigamente en tempos onde non abundaban algúns alimentos, en concreto a carne, este prato podía ser un bo substituto. Podemos atopar berberechos en case todas as rías galegas. Caracterízase por ter unha cantidade de graxa practicamente nula polo que é idóneo para dietas de adelgazamento. Contén minerais como o calcio que contribúe ao crecemento e ao soporte da nosa estrutura ósea, o iodo para fortificar e normalizar as funcións da glándula tiroide, e o ferro que axuda á produción de hemoglobina, esencial en dietas para corrixir a anemia.