Crese que a súa orixe é romana e que o consumiron os romanos durante a súa estancia na bisbarra do Bierzo. Posteriormente converteuse nun manxar reservado para abades, bispos e reis e consumíase en datas sinaladas. Pola proximidade xeográfica existente, tamén se elabora na zona da montaña luguesa e ourensá. Está composto de carne e ósos de porco embutidos dentro das tripas máis grosas do porco. Faise cos ósos do costelar, do espiñazo e do rabo de porco. Consómese cocido e acompañado de patacas e repolo.