O boi de mar é o cangrexo europeo de maior tamaño. No mercado galego, podemos atopar por un lado o autóctono galego procedente das rías e, por outro, o francés, na súa práctica totalidade de Francia e das illas Británicas. A mellor tempada para o consumo do boi de mar é o inverno. Moitas e variadas son as formas de preparar este excelente e alcanzable marisco. O seu fígado e as súas ovas considéranse exquisitos. O boi de mar é un crustáceo rico en proteínas. Destacan na súa composición as vitaminas dos grupos B (principalmente B3 e B12) e E. As primeiras regulan procesos como a formación de glóbulos vermellos e producen hormonas sexuais e síntese de material xenético; mentres que a vitamina E, liposoluble, actúa como antioxidante. Os minerais que se atopan na súa carne son principalmente iodo, magnesio e sodio.