A cabaciña presenta un contido moi baixo en calorías e graxas. Isto fai que sexa axeitado para persoas que seguen unha dieta de adelgazamento. O seu baixo contido en hidratos de carbono convértena nun alimento ideal para as persoas diabéticas. A súa escasa cantidade de sodio faina moi útil na dieta das persoas hipertensas. A súa cantidade de fibra favorece o tránsito intestinal. A berenxena non presenta un gran valor nutritivo. O elemento maioritario é a auga. É adecuada para dietas de adelgazamento polo seu gran poder de saciedade. O pemento verde contén fibra. Destaca a súa cantidade de vitamina C que é superior mesmo a moitos cítricos. É unha boa fonte de antioxidantes.