É o prato tradicional galego por excelencia, o máis representativo e coñecido. Cociñábase este prato nas casas galegas, día si e día tamén para aproveitar os ingredientes que tiñan máis a man, como eran os grelos, as patacas, o chourizo, as fabas brancas e o touciño. En verán, ao escasear as verduras, engadíaselle feixóns e en outono castañas, polo que se consumía todo o ano.