Este é un dos pratos máis tradicionais da cociña galega. Constituía o sustento principal da alimentación da Galicia rural. Caracterízase por non levar carnes, a iso debe o nome de pobre e ao feito de que se consumía nas casas máis humildes. Tomábase en moitas ocasións no almorzo, na comida e na cea e ao se facer en grandes cantidades duraba varios días. Consumíase en cuncas e era o principal alimento quente do día.