O capón e as ostras foron, antano, alimentos reservados a señores e familias con recursos económicos suficientes para o goce dun manxar exclusivo das grandes ocasións. O capón, na Idade Media, formaba parte dos banquetes da xente nobre. Na actualidade, consúmese moito nas celebracións do Nadal. O capón ten un contido en graxas baixo polo que se considera unha carne magra. Destaca, pois, o seu contido proteico, ademais de minerais como o ferro, o cinc, o fósforo e o potasio. As ostras, pola súa parte, son ricas en iodo que é beneficioso para o metabolismo. Conten cinc que facilita a asimilación e o almacenamento da insulina. Entre as vitaminas que conteñen as ostras destaca a B12 que é importante para o metabolismo e, ademais, axuda á formación de glóbulos vermellos no sangue.