Este prato moi popular en Galicia é habitual en feiras e, ao igual que o famoso "polbo á feira", cocíñase en grandes recipientes metálicos nestas romarías. É unha sinxela receita que pode levar diversos acompañamentos como patacas cocidas. A carne vai aliñada con aceite de oliva e pemento. A carne pode ser de vaca ou tenreira. Se é de tenreira contén menos graxas e calorías e, ademais, é máis dixerible aínda que non tan saborosa nin nutritiva, xa que contén máis auga. A carne de vacún é rica en proteínas e ferro hemo que é de doada absorción e axuda a combater a anemia.