Este era un prato principal no inverno, sobre todo nas zonas montañosas do interior de Galicia. Era moi común que en todas as casas das aldeas houbese algunha vaca para que abastecese toda a familia de leite e acompañábase de castañas cocidas, secas ou frescas. As castañas conteñen unha importante cantidade de hidratos de carbono, os cales se absorben lentamente polo organismo, o que facía que se eliminase a sensación de fame durante un longo período de tempo, ademais de proporcionar enerxía.